Techno para meniños

Hoxe queremos falarvos de Techno para meniños. Música electrónica para os nenos e ademáis creada por un artista galego: Suso Flores. Música para escoitar na casa, estimular os sentidos, bailar… Falamos con este músico galego afincado en Londres e esto é o que nos contou…

techno-para-meniños

“É música melódica e colorida que transmite un sentimento de positividade”

– Cóntanos… como xorde a idea de Techno para meniños?
– Dende había tempo a miña música soaba con toques bastante infantís. Os meus amigos sempre mo dicían e cando rematei o álbum, o rapaz do selo de Canadá díxome que por que non o enfocabamos directamente ao público infantil.
– Que podemos encontrar neste disco?
– É música melódica e colorida, que transmite un sentimento de positividade para quen a escoita obxetivamente. Podes atopar temas máis tranquilos, como o número 2 At  ou o número 4 Fishing time. Temas para xogar cos amigos ou bailar cos pais como o número 5 Being good at home. At, está moi ben para leerlle un conto aos nenos poñéndolle a canción a un volume baixiño. Eu sempre recomendo para os nenos prenatais poñerlle as cancións máis de fondo. E se é nun momento máis activo, un pouco máis alto, pero non moito. Tamén temos que recordar que en caso de ir a calquera evento cos nenos, é necesario comprarlles uns protectores para os oídos; é moi importante.
– Non é moi habitual atopar música electrónica para nenos, por que decidiches facer música para os máis pequenos?
– Non o fixen adrede, como che dixen saíu soa 🙂
– Cal foi a resposta?
– A verdade que estivo ben. Se os nenos bailan cos pais e disfrutan da música electrónica dende moi meniños (incluso dende o ventre da nai), relacionarán a música electrónica cun sentimento familiar, de calor e de protección para o presente e o futuro. Isto motívame para continuar. Que os nenos fagan exercicio físico e mental, para crear e modificar sonidos tamén me motiva bastante.
– Farás máis proxectos enfocados ao público infantil?
– Si, algo máis se fará 🙂
– Estás en Londres? Como de diferente é a cultura musical entre Londres e Galicia?
– Si, vivo aquí en Londres. A cultura musical é simplemente máis ampla e con moitos tipos de música. Tamén como sabedes en Galiza hai moita calidade musical.

Se queredes descubrir e escoitar os temas do seu traballo podedes escoitalos a través de Traxsource.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s