Libros para o Día das Letras Galegas

No día das Letras Galegas falámosvos, como non podía ser doutra maneira, de libros e lecturas. Hoxe é un bo día para achegar aos máis pequenos á lingua galega. A Librería Cascanueces na Coruña recoméndanos estes libros para festexar unha celebración que homenaxea a homes e mulleres das nosas letras que teñen traballado en galego e en defensa da nosa lingua.

Rosalía pequeniña

A cantante galega Uxía, en colaboración coa Editorial Galaxia, editou Rosalía Pequeniña, un libro-disco infantil no que canta poemas de Rosalía de Castro co obxectivo de difundir entre os nenos a figura da poeta galega, á que presenta como “pirata” e “insumisa”.

rosalia pequeniña

Prezo: 20€. Recomendado para  todas as idades

A nena e o grilo nun barquiño

Disco-libro de Magín Blanco, un conto decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos: para que podan pintar, escribir e dibuxar o seu propio libro. Ven acompañado dun Cd con 13 cancións.

nena e grilo

Prezo: 20€. Recomendado para todas as idades

 Adiós ríos, adiós fontes

Poema ilustrado que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores máis pequenos. Un libro divertido que ademáis axuda a formar a súa personalidade. Que quería decir Rosalía no seu famoso poema? Como o imaxina un neno deste século? Dúas posibles versións recreadas polo  ilustrador Rodrigo Chao.

 adios rios adios fontes

Prezo: 10€. Recomendado para nenos de 3 anos

Recomendacións de lecturas da man de Librería Cascanueces.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s