Entrevista con… Maria Solar

A maxia dos libros coñécena ben os máis pequenos e María Solar escribe para eles, quizáis un dos públicos máis esixentes. Despois de descubrir os seus libros quixemos saber o que pensa a escritora dos nen@s e da literatura.

María Solar“Os libros están coma os nenos cheos de imaxinación, de soños e posibilidades infinitas…”

¿Que te levou a escribir para os nen@s? 

A verdade é que non o sei exactamente, sempre foi asi. Escribo para nenos desde hai moitos anos e todo o que teño publicado é para público infantil e xuvenil, supoño que para os maiores xa son o resto dos textos que escribo a diario no meu traballo e na miña vida, ainda que non sexan literarios.

¿Que importancia teñen a lectura e os libros no desenvolvemento dun nen@?

Os libros son un instrumento clave para o desenvolvemento dos rapaces: son xogo, divertimento e aprendizaxe a un tempo. Están coma eles cheos de imaxinación, de soños e posibilidades infinitas, os libros lévanos a novas vidas, espazos e situacións e son puro divertimento, non teñen porque ter como finalidade a aprendizaxe, ese non é o seu fin, pero no entanto con eles apréndese porque os nenos tiran as súas propias aprendizaxes de cada  cousa nova que viven. Os pais saben que a lectura é importante, pero ollo que a mellor maneira de introducilos nela é co exemplo, lendo en familia e na familia. E un lector que se crea de neno, gáñase para sempre.

¿Cal é a situación da literatura infantil galega? 

Galicia ten moita e moi boa literatura infantil, temos autores moi recoñecidos e moi traducidos. Hai un alto nivel de creación que naceu da escrita en galego e  tamén da ilustración que fai un tandem perfecto para as obras galegas.

O fillo do pintamonas, O tempo do revés, Vou ter un irmán!!! ¿Como é escribir para os máis pequenos? ¿Quizais son os lectores máis esixentes? 

Eu penso que a literatura infantil debe ser imaxinativa, contarlle as cousas desde a verdade pero adaptándose ás súas idades e debe manter moi ben os ritmos. Escribir para nenos ten a dificultade de adaptar o nivel de lingua e de complexidade a eles, pero falo de adaptalo non de capalo. Aos nenos hai que contarlles do bo e do malo, da vida e da morte, do que fai rir e do que fai sufrir, non se trata de metelos nunha burbulla dun mundo rosa se non de contar as cousas de maneira que as poidan comprender. E de igual maneira hai que atrapalos no texto a través dos ritmos porque eles non permiten caídas de intensidade, queren ler historias que os leven da man do principio ata o final, e diso se trata, de enganchalos na lectura. Eses son os piares que eu trato de coidar cando escribo.

¿Poderíase dicir que as ilustracións na literatura infantil son un elemento máis do relato?

O debuxo, segundo a obra sexa novela ou album ilustrado, pode ter máis ou menos presenza en cantidade, pero sempre son importantes. Ás veces non hai relación entre o ilustrador e o autor, pero eu estou convencida de que é positivo que a haxa. Unha boa ilustración, non so ilustra, se non que completa, engade e fai medrar o texto. O traballo que fixo por exemplo Xosé Tomás no album Vou ter un irmán que publicamos xuntos en Galaxia crea sinerxias novas que superan o texto inicial infinitamente, Xosé Tomás conta cousas propias, potencia, recrea e fai sentir a historia. Ou en As meigas de Lupa, que só ten unha foto na portada, DNL fixo un traballo tan excelente que esa foto recolle a intención e as peculiaridades do libro e ademáis ten un enorme atractivo visual e creativo para que unha man o seleccione nun primeiro impulso cando estamos diante dunha estantería chea de libros.

Despois da túa última novela As Meigas de Lupa dirixido ó publico xuvenil ¿voltarás a escribir para os mais cativos? 

Claro, está a piques de sair un novo libro de infantil que ten a unha mosca da tele por protagonista, está cheo de aventuras e de animais deses que a priori consideramos “noxentos”. É unha historia que pretende ser moi divertida e ao tempo ecolóxica, solidaria e mudar a maneira na que vemos aos animais que nos rodean. Pero de momento non podo contar máis…

¡Graciñas María! Foi unha conversa estupenda… esperamos ansiosos este libro do que nos falas…

Os seus libros…

O fillo do pintamonasO tempo do reves Vou_ter_un_irman As meigas de Lupa

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s